O Local de Maiores acolle unha charla sobre seguridade financeira en internet para previr fraudes e estafas online

As poñentes María Iglesias Sande (CaixaBank en Ordes) e Patricia Rodríguez Botana (CaixaBank en Oroso) xunto o alcalde de Oroso, Álex Doval e a concelleira de Servizos Sociais, Lidia López.
Asistentes a charla informativa centrada na seguridade financeira no uso de internet

O Concello de Oroso organizou esta tarde no Local de Maiores unha charla informativa centrada na seguridade financeira en Internet, unha actividade orientada a ofrecer ferramentas prácticas á veciñanza para previr fraudes, estafas e riscos asociados ás xestións bancarias online.

Durante a sesión abordáronse diferentes cuestións relacionadas coa seguridade dixital, como a identificación de intentos de fraude, as boas prácticas á hora de operar con banca electrónica ou as medidas básicas para protexer datos persoais e financeiros na rede.

A actividade contou coa participación de María Iglesias Sande, de CaixaBank Ordes, e Patricia Rodríguez Botana, de CaixaBank Oroso, ambas veciñas do municipio, que compartiron a súa experiencia profesional e ofreceron recomendacións prácticas para mellorar a seguridade nas operacións dixitais do día a día.

Desde o Concello de Oroso quixeron agradecer a colaboración das ponentes e tamén a participación das persoas asistentes, destacando a importancia de promover iniciativas informativas que axuden á cidadanía a utilizar as novas tecnoloxías con maior confianza e seguridade.

Con este tipo de actividades, o Concello continúa impulsando accións de formación e sensibilización dirixidas á veciñanza, especialmente no ámbito da seguridade dixital, un aspecto cada vez máis relevante no contexto actual.

Compartir: