Oroso reforza o seu compromiso co tenis de mesa nun encontro coa Xunta e os clubs locais

Visita da delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, xunto co alcalde de Oroso, Álex Doval, e representantes da Federación Galega de Tenis de Mesa, do Club Oroso Tenis de Mesa e do Club Tenis de Me

O Concello de Oroso recibiu hoxe a visita da delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, nun encontro institucional no que tamén participou o alcalde, Álex Doval, xunto a representantes da Federación Galega de Tenis de Mesa, do Club Oroso Tenis de Mesa e do Club Tenis de Mesa Espedregada.

A reunión serviu para poñer en valor o excelente momento que vive o tenis de mesa no municipio, cunha base deportiva en constante crecemento e cun tecido asociativo moi activo que está a consolidar Oroso como un referente nesta disciplina a nivel galego.

Durante o encontro destacouse especialmente o labor dos clubs locais, fundamentais na promoción do deporte base e na formación de novos talentos, fomentando valores como o esforzo, a constancia e o traballo en equipo entre a mocidade.

Cómpre lembrar que o pasado ano tanto o Club Oroso Tenis de Mesa como o Club Tenis de Mesa Espedregada contaron con apoio institucional para a adquisición de equipamento deportivo, unha medida que contribuíu a mellorar as súas condicións de adestramento e competición, permitindo seguir impulsando a súa actividade en mellores condicións.

A xornada foi tamén unha oportunidade para recoñecer o nivel dos deportistas do municipio, con nomes destacados como Cristian Fernández Nieto, Ainoa Gontán Iglesias e Sasha Malov Castro, que están a obter importantes resultados en competicións. Do mesmo xeito, trasladóuselles moito ánimo e sorte a Esteban Rodríguez e Martín Fernández de cara ás súas próximas citas deportivas.

Desde o Concello de Oroso reafírmase o compromiso co deporte local, apoiando tanto aos clubs como aos deportistas que, co seu traballo e dedicación, contribúen a levar o nome do municipio con orgullo dentro e fóra de Galicia.

Oroso continúa apostando polo deporte como ferramenta de cohesión social, promoción de hábitos saudables e impulso do talento local.

Compartir: