Oroso e a Xunta impulsan a transformación do Paseo do Carboeiro cun investimento superior ao millón de euros
O Concello de Oroso e a Xunta de Galicia deron un novo paso na mellora dos espazos públicos do municipio coa sinatura do convenio de colaboración para acondicionar a contorna do Camiño Inglés ao seu paso polo Paseo do Carboeiro, en Sigüeiro.
O acordo permitirá desenvolver unha actuación integral cun investimento de máis de 1 millón de euros, destinada a modernizar e revitalizar unha das zonas de lecer e tránsito máis importantes do municipio, tanto para a veciñanza como para os peregrinos que percorren o Camiño Inglés.
O convenio, asinado na tarde de onte pola conselleira de Vivenda e Planficación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue; o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; e o alcalde de Oroso, Alexander Doval, no marco da cooperación institucional para mellorar os espazos vinculados ás rutas xacobeas e reforzar a calidade urbana e ambiental dos municipios polos que transitan.
Melloras no paseo, nas zonas deportivas e nos espazos infantÃs
O proxecto contempla unha actuación ampla sobre o Paseo do Carboeiro, que incluirá a renovación dos sendeiros peonÃs, a mellora das pistas deportivas e a rehabilitación do parque infantil existente, creando espazos máis accesibles, seguros e adaptados ás necesidades actuais.Ademais, levaranse a cabo actuacións de reforzo da iluminación pública, instalación de novo mobiliario urbano e melloras xerais de integración paisaxÃstica e accesibilidade, favorecendo unha contorna máis cómoda e atractiva para o uso diario da cidadanÃa.
A intervención permitirá tamén potenciar este espazo como punto de descanso e convivencia para os peregrinos do Camiño Inglés, reforzando a imaxe de Oroso como municipio acolledor e comprometido coa mellora dos servizos asociados á ruta xacobea.
Financiamento compartido entre Xunta e Concello
Segundo o convenio asinado, a Xunta de Galicia asumirá o 80% do investimento total das actuacións, mentres que o Concello de Oroso achegará o 20% restante.De maneira concreta, a ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará o 40% da execución das obras, encargándose ademais da súa contratación e desenvolvemento. Pola súa parte, a Axencia Turismo de Galicia aportará outro 40% do custo total da actuación.
Un proxecto estratéxico para Sigüeiro e Oroso
Desde o Concello destacan a importancia desta intervención para seguir avanzando na transformación e humanización dos espazos públicos, mellorando a calidade de vida da veciñanza e consolidando zonas verdes e de lecer modernas e accesibles.O Paseo do Carboeiro constitúe un dos principais espazos de encontro e actividade ao aire libre de Sigüeiro, polo que esta actuación suporá unha importante mellora tanto desde o punto de vista urbano como social e turÃstico.
Con este proxecto, Oroso reforza a súa aposta por un modelo de municipio máis sostible, accesible e pensado para as persoas, poñendo en valor ao mesmo tempo o potencial do Camiño Inglés como elemento dinamizador do territorio.




