A ED Xuventude de Oroso proclámase campioa de liga e logra o ascenso á categorÃa nacional
O fútbol base de Oroso está de celebración. O equipo xuvenil da ED Xuventude de Oroso vén de conseguir un histórico dobre éxito tras proclamarse campión de liga e certificar o seu ascenso á categorÃa nacional, culminando asà unha temporada brillante.
Este importante logro deportivo supón un novo fito para o club e para o deporte no municipio, consolidando o gran traballo que se vén realizando nos últimos anos coa canteira e coa formación deportiva da mocidade.
Ao longo da temporada, o conxunto xuvenil destacou pola súa regularidade, competitividade e espÃrito de equipo, demostrando un alto nivel tanto dentro como fóra do terreo de xogo. O ascenso é o resultado do esforzo diario, do compromiso e da ilusión compartida por xogadores, corpo técnico, directiva e familias, que foron fundamentais para alcanzar este éxito.
Desde o Concello de Oroso trasladamos un especial recoñecemento a todos os integrantes da entidade deportiva por representar con orgullo o nome do municipio e por converterse nun exemplo de dedicación, compañeirismo e superación para toda a mocidade.
Este ascenso á categorÃa nacional supón tamén unha excelente noticia para o deporte local, que continúa medrando e acadando metas cada vez máis ambiciosas grazas ao traballo constante das entidades deportivas do concello.
O Concello de Oroso felicitamos á ED Xuventude de Oroso por esta extraordinaria temporada e anÃmamos a seguir desfrutando do fútbol, levando o nome de Oroso ao máis alto nivel.
Parabéns, campións!



