O Parque do Carboeiro acolle esta fin de semana a V MiniBTT Concello de Oroso
O Concello de Oroso e o Oroso Club Ciclista organizan esta fin de semana a V MiniBTT Concello de Oroso, unha cita xa consolidada dentro do calendario deportivo galego e que converterá novamente o Parque do Carboeiro no epicentro do ciclismo base.
A competición, incluÃda na Copa Galicia BTT Mini da Federación Galega de Ciclismo, reunirá en Sigüeiro a centos de nenos e nenas de diferentes categorÃas chegados de numerosos puntos de Galicia, nunha xornada deportiva que combina competición, convivencia e promoción dos hábitos saudables entre a mocidade.
A proba desenvolverase no Parque do Carboeiro, un espazo natural e deportivo de referencia no municipio, especialmente acondicionado para este tipo de eventos e que ofrece un percorrido adaptado ás distintas idades e niveis participantes.
As categorÃas participantes inclúen promesas, principiantes, benxamÃns, alevÃns e infantÃs, tanto femininas como masculinas, consolidando a MiniBTT como unha das probas de ciclismo escolar con maior participación da contorna.
Dende o Concello de Oroso quérese destacar o importante labor organizativo do Oroso Club Ciclista, asà como a colaboración da Federación Galega de Ciclismo, entidades colaboradoras e voluntariado, fundamentais para garantir o éxito dunha proba que continúa medrando edición tras edición. Ademais do seu carácter deportivo, a MiniBTT promove valores como o compañeirismo, o esforzo, a vida activa e o respecto polo deporte desde idades temperás.
Aviso importante: peche temporal do Parque do Carboeiro
Con motivo da celebración da V MiniBTT Concello de Oroso, o Parque do Carboeiro permanecerá pechado ao público durante a xornada de hoxe e mañá para garantir o correcto desenvolvemento da actividade e a seguridade das persoas participantes.
- Hoxe, debido aos adestramentos previos da competición.
- Mañá, durante a celebración oficial da proba deportiva.
Dende o Concello solicÃtase á veciñanza comprensión e colaboración, respectando a sinalización e as indicacións da organización para evitar incidencias e garantir a seguridade tanto dos participantes como do público asistente.
O Concello de Oroso agradece a colaboración cidadá e anima á veciñanza a achegarse a desfrutar dunha fin de semana de deporte, convivencia e ciclismo base nun dos espazos naturais máis emblemáticos do municipio.


