A unidade móbil do Carné Xove visitará Oroso o próximo 5 de xuño
O Concello de Oroso acollerá o vindeiro venres 5 de xuño a visita da unidade móbil do Carné Xove, un servizo impulsado pola Xunta de Galicia que permitirá á mocidade do municipio expedir ou activar gratuitamente este documento.
A unidade instalarase na Casa da Xuventude en horario de 16:00 a 19:00 horas, facilitando que os mozos e mozas poidan realizar o trámite sen necesidade de desprazarse a outras localidades.
O Carné Xove está dirixido á mocidade de entre 12 e 30 anos, ambas idades incluÃdas, e permite acceder a numerosas vantaxes e descontos en ámbitos como o transporte, a cultura, o deporte, o comercio, a formación, o ocio ou as actividades xuvenÃs, tanto en Galicia como no resto de España e en máis de 30 paÃses europeos adheridos ao programa European Youth Card.
Desde a Xunta de Galicia destácase que o Carné Xove inclúe ademais unha conta bancaria gratuÃta asociada e diferentes beneficios especÃficos para a mocidade galega, converténdose nun recurso moi útil para favorecer a mobilidade, o acceso á cultura e o consumo xuvenil.
Para realizar a expedición ou activación do carné será necesario presentar:
- DNI, NIE ou pasaporte
- Teléfono móbil
- Enderezo de correo electrónico
- Enderezo postal
No caso da mocidade de entre 9 e 12 anos, deberá acudir acompañada do pai, nai ou titor legal.
Desde o Concello de Oroso anÃmase á mocidade do municipio a aproveitar esta oportunidade para obter o Carné Xove e beneficiarse das múltiples vantaxes que ofrece este programa da Xunta de Galicia.


