O Concello fai un chamamento á responsabilidade para celebrar unha noite de San Xoán segura
O Concello de Oroso desexa a toda a veciñanza unha feliz noite de San Xoán, unha das celebracións máis arraigadas e especiais do calendario festivo galego, marcada polo encontro, a tradición e a convivencia arredor do lume.
Con motivo desta festividade, e tendo en conta as altas temperaturas rexistradas nos últimos dÃas, o Concello fai un chamamento á máxima responsabilidade e prudencia para que a celebración se desenvolva con todas as garantÃas de seguridade.
Nas últimas semanas, o Concello abriu o prazo para solicitar as autorizacións necesarias para a realización de cacharelas, lembrando a importancia de cumprir as condicións establecidas e adoptar todas as medidas preventivas para evitar riscos para as persoas, os bens e o medio natural.
Neste sentido, recoméndase:
- Realizar lume unicamente nas cacharelas previamente autorizadas e respectando en todo momento as condicións establecidas
- Extremar as precaucións en zonas próximas a vivendas, vehÃculos, instalacións, masas forestais ou espazos con vexetación
- Manter unha correcta hidratación durante toda a xornada, especialmente nas horas de maior calor
- Prestar especial atención aos nenos e nenas, ás persoas maiores e a aquelas persoas máis vulnerables fronte ás altas temperaturas
- Dispoñer de medios básicos de prevención e manter sempre a vixilancia sobre o lume ata a súa completa extinción
Desde o Concello de Oroso lémbrase tamén a importancia de evitar a queima de materiais contaminantes ou perigosos e de deixar os espazos utilizados en perfectas condicións de limpeza unha vez rematada a celebración, retirando todos os residuos xerados.
San Xoán forma parte da nosa identidade cultural e constitúe unha ocasión para compartir momentos de encontro coa familia, cos amigos e coa veciñanza. Por iso, é fundamental compatibilizar a tradición co respecto pola contorna e coa seguridade de todos.
O Concello de Oroso agradece a colaboración da cidadanÃa e anima a gozar desta noite máxica con responsabilidade, convivencia e respecto polo noso municipio.
Feliz noite de San Xoán a toda a veciñanza de Oroso.


