O programa "Martes de Praia" pecha o verán con máis de 300 usuarios nas oito saídas organizadas polo Concello de Oroso

Martes de Praia - Praia de Barraña (Boiro)

O Concello de Oroso pechou esta semana unha nova edición do programa Martes de Praia, que ao longo dos meses de xullo e agosto rexistrou máis de 300 usuarios nas oito xornadas organizadas para facilitar á veciñanza o acceso ás saídas á praia durante o verán.

O programa desenvolveuse os días 7, 14, 21 e 28 de xullo e 6, 13, 20 e 27 de agosto, cun autobús que realizou un percorrido por diferentes puntos do municipio antes da saída, facilitando a participación da veciñanza das parroquias.

O itinerario contou con paradas en Marzoa, Grabanxa, Senra, Cardama, Vilarromarís, Deixebre, Trasmonte, Oroso, A Gándara e Sigüeiro, mantendo así un servizo pensado para achegar esta actividade tamén aos diferentes núcleos rurais do concello.

O alcalde de Oroso, Alex Doval, valorou positivamente a participación nesta edición e destacou que “máis de 300 usuarios ao longo do verán demostran que é unha iniciativa que funciona e que ten unha boa acollida entre a veciñanza”. Doval sinalou tamén que “queremos manter actividades sinxelas pero útiles, que permitan desfrutar do verán e que teñan en conta tanto Sigüeiro como as diferentes parroquias de Oroso”.

Coa saída celebrada este pasado martes, o Concello dá por rematada a programación dos Martes de Praia 2026, unha iniciativa que volveu ofrecer unha alternativa de lecer estival e transporte durante os meses de xullo e agosto.

Compartir: