A Piscina Municipal de Oroso pecha a tempada de verán con 8.864 entradas e un 20% máis de abonados

Piscina Municipal

A piscina municipal de Oroso pecha a tempada de verán cun balance positivo de participación, tras contabilizar 8.864 entradas entre os meses de maio e setembro e un total de 628 abonados, o que supón un incremento de arredor do 20 % respecto da media dos anos anteriores, situada nos 520 abonados.

No apartado de abonados, a instalación sumou 628 ao longo da tempada, fronte á media de 520 rexistrada en anos anteriores, consolidando así o crecemento no uso deste equipamento municipal.

O Alcalde de Oroso, Alex Doval, valorou estes datos como “unha mostra da boa acollida que ten a piscina entre a veciñanza e da importancia de contar durante o verán con instalacións e servizos públicos que ofrezan alternativas de lecer para todas as idades”.

Doval destacou tamén que “superar as 8.800 entradas e incrementar nun 20 % o número de abonados respecto da media dos últimos anos é un balance moi positivo, pero tamén un estímulo para seguir mellorando os servizos que ofrecemos á veciñanza”.

O Concello de Oroso pecha así unha nova tempada estival na piscina municipal cun incremento da utilización das instalacións e unha elevada participación durante os meses de maior actividade, confirmando o peso deste equipamento dentro da oferta municipal de lecer durante o verán.

Compartir: