Homenaxe á veciña de Bouzalonga Dolores Nouche Costa

Isabel Fernández, concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística na presentación do acto

O salón de plenos do Concello de Oroso acolleu o pasado domingo unha homenaxe á veciña de Bouzalonga Dolores Nouche Costa, represaliada polo franquismo.

No transcurso do acto interviron a concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística, Isabel Fernández, que fixo un percorrido polo traballo realizado nos últimos anos a prol da recuperación da memoria histórica local; o alcalde, Luis Rey, que falou dos retos que afronta a nova sociedade co crecemento da extrema dereita; e a historiadora Montse Fajardo, que fixo unha análise das mulleres represaliadas polo franquismo e púxolles nome a boa parte delas. O evento rematou co descubrimento dunha fotografía de Dolores Nouche no salón de plenos. Moitas grazas a todas e todos os que participastes nesta homenaxe a unha das nosas veciñas.

Compartir: