Historico éxito do Oroso TM nos Campionatos de España de Tenis de Mesa
Historico éxito do Oroso TM nos Campionatos de España de Tenis de Mesa que se están celebrando en Zamora dende o pasado 21 de xuño ata o vindeiro 3 de xullo.
O Oroso TM participa cunha nutrida representación, 14 dos seus membros compiten estes dÃas nas modalidades de equipos, individual, dobres e dobres mixtos nas diferentes categorÃas de idades.
No que vai de Campionato, o club orosino cultivou unha prata na modalidade de dobres alevÃn masculino, bo resultado que ten aÃnda máis mérito se temos en conta que os dous xogadores da parella subcampioa de España (Sasha Malov e Javier Galán) son aÃnda benxamÃns e, por tanto, competÃan nunha categorÃa superior.
A este gran resultado acaba de sumarse un éxito sen precedentes na historia do Oroso TM, e é que dous dos seus equipos (participaban cun total de tres equipos) chegaron a semifinais da proba de equipos benxamÃn masculina.
AsÃ, o Oroso TM Malov integrado por Sasha Malov e Javier Galán proclamáronse finalmente Campións de España, mentres que o Oroso TM Salón de peiteado Tije (Nico Otero e Irei Gómez) levaron o bronce.
Ata o de agora, o Oroso TM foi o único club do territorio nacional que conseguÃu subir dous equipos ao podium nunha mesma categorÃa.
Nos próximos dÃas, disputaranse as probas de individual, dobres e mixtos, onde o club aspira a levar máis medallas para terras galegas.