A Aula de CeMIT EducaOroso participa no Programa “STEAM” coa finalidade de motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado guiado por unha rede de profesionais

Cartel STEAM

Durante os días 26 e 27 de xullo, a Aula CeMIT EducaOroso participará no programa "STEAM" coa finalidade de motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado guiado por unha rede de profesionais.

Trátase de impulsar actividades desde idades temperás dirixidas a rapazas e rapaces para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar vocacións tecnocientíficas.

O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas e nenos aos roles no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas facilitando a aposta polas carreiras STEAM.

Quendas

Realízanse 2 quendas por idades, o mércores 26 e o xoves 27 de xullo de 2023

  • Quenda 1: rapazada de 8-11 anos de 10:00 a 13:00 horas
  • Quenda 2: rapazada de 12-15 anos de 10:00 a 13:00 horas


Inscricións:

As inscricións realizaranse de balde a través do enderezo electrónico educaoroso@oroso.gal ou no teléfono 981973927.

Compartir: