O Concello de Oroso aproba inversións para mellorar a rede viaria municipal e a construcción dunha senda peonil
A cantidade destinada a estes investimentos é de máis de 250.000€ a través do POS
A mellora da rede viaria realízase nos lugares de Vilacide de Arriba e Vilacide de Abaixo en Oroso, A Coste en Trasmonte e no Barreiro de Sigüeiro
A construcción da senda peonil será desde Valverde a Vilarelle en Villarromarís
O Concello de Oroso aproba varios proxectos de investimentos para infraestruturas en varias parroquias do concello así como no núcleo principal de Sigüeiro.
As obras proxectadas fanse a través do Plan de Obras e Servicios (POS) da Diputación cun importe de máis de 250.000€.
Nos investimentos a realizar sinálanse a mellora da rede viaria municipal nos lugares de Vilacide de Arriba e Vilacide de Abaixo na parroquia de Oroso, no lugar de A Costa na parroquia de Trasmonte e no Barreiro en Sigüeiro, así como, a construción dunha senda peonil que mellore a seguridade vial dos veciños nas vías de termo municipal que transcorrerá de Valverde a Vilarelle na parroquia de Villarromarís.
O alcalde, Alex Doval, apunta que “estes investimentos melloran o nivel das infraestruturas que temos no concello e iremos paulatinamente adecentando e incorporando novos investimentos, especialmente naqueles lugares onde, por exemplo, o estado das vías que estiveron sen mantemento os últimos 20 anos polos anteriores gobernos locais que se encontran en peor estado”.