Novo equipo de limpeza viaria en funcións
Hoxe, grazas ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, recibimos un novo Equipo de Limpeza Viaria de Alta Presión, que xa está dispoñible para o seu uso polos nosos empregados públicos. Este equipo axudará a mellorar a limpeza das nosas rúas, ofrecendo un servizo máis eficiente e de maior calidade.
Ademais, queremos informar que dentro desta mesma liña de financiamento, nas próximas datas recibiremos unha Máquina Barredora Eléctrica, que contribuirá aÃnda máis á limpeza viaria do noso concello.
O alcalde, Alex Doval, agradeceu especialmente á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e á súa directora, Natalia Prieto Viso , por facer isto posible cunha financiación que ascende a máis de 48.000€.
Imos seguir traballando xuntos por un concello máis limpo e sostible!