Melloras nos Locais de Sociais de Senra, A Gándara e Oroso

A Directora Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia , Natalia Prieto Viso, xunto o alcalde de Oroso, Alex Doval e membros do Goberno Local durante a visita de hoxe.

As axudas por valor de 40.000€ foron concedidas ás Asociacións de Veciños pola Xunta de Galicia

O Concello de Oroso recibiu a visita da Directora Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia , Natalia Prieto Viso para coñecer de primeira man as obras de mellora realizadas grazas ás axudas concedidas polo seu departamento.

A representante autonómica achegouse ata os Locais Sociais de Oroso, A Gándara e Senra para coñecer ás axudas concedidas ás Asociacións de Veciños, cunha inversión total de preto de 40.000 €.

Desde o Concello de Oroso, queremos agradecer a colaboración da Xunta de Galicia e o compromiso das directivas das tres asociacións veciñais, que tanto contribúen ao benestar e á mellora dos nosos espazos comunitarios.

Compartir: