O novo aparcadoiro disuasorio na Alameda de Góis xa está operativo
Boas novas para todos os veciños e veciñas, xa están rematadas as obras do aparcadoiro disuasorio na Alameda de Góis, e agora podedes utilizalo para deixar os vosos vehÃculos de forma cómoda e segura.
Un aparcadoiro con máis de 80 prazas dispoñibles, incluindo 2 prazas para persoas con mobilidade reducida e 14 prazas especÃficas para motos.
Una alterna sostible! Este novo espazo facilita o estacionamento e promove unha mobilidade máis respectuosa co medio ambiente.
Dende o Concello de Oroso queremos agradecer á Xunta de Galicia a súa colaboración para facer realidade esta infraestrutura, e animámosvos a aproveitar este novo servizo!