Axudas para mercar vivenda en Oroso

Sigüeiro - Oroso

A Xunta de Galicia convoca novas axudas para facilitar a adquisición de vivenda, cun investimento total de 3,8 millóns de euros.

A convocatoria está dividida en tres modalidades:                                         

  • A primeira liña vai dirixida a menores de 36 anos para comprar vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes. Ata 10.800€ por vivenda
  • A segunda liña é para mercar vivenda en cascos históricos, ata 12.800€ por vivenda, para menores de 36 anos; e ata 10.800€, para maiores desa idade
  • A terceira liña é para compra de vivenda protexida, que nas 7 cidades galegas permitirá axudas de ata 20.000€ para menores de 36 anos e ata 16.000€ para o resto

Prazo de solicitude
  • Do 27 de xaneiro ao 15 de outubro

Beneficio para Oroso
Se estás pensando en mercar unha vivenda en Oroso, esta é unha oportunidade única para establecerte no noso municipio, nunha localización privilexiada preto de Santiago de Compostela.
Máis información e bases da convocatoria na web da Xunta de Galicia.

Compartir: