Nova motobomba para a prevención de incendios en Oroso

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Oroso, Alex Doval,  durante a entrega do camión motobomba
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Oroso, Alex Doval,  durante a entrega do camión motobomba

O Alcalde, Alex Doval, recibiu hoxe á Delegada Territorial da Xunta, Belén do Campo, para a entrega dunha motobomba cedida polo Distrito Forestal. Este novo equipamento reforzará os traballos de limpeza, prevención e extinción de incendios no noso concello.

Desde o Concello de Oroso agradecemos esta achega, que contribuirá á protección do noso entorno natural e á seguridade da veciñanza.

Seguimos traballando pola prevención e o coidado do noso municipio!

Compartir: