Ouro para Álvaro Rodríguez no "Galego de Atletismo Sub12"
Este sábado 24 de maio, nas pistas de Elviña na Coruña, o noso veciño de Sigüeiro Álvaro Rodríguez González, do Club Atletismo Tambre, proclamouse campión galego na proba de 500m do Campionato Galego de Atletismo en pista ao aire libre Sub12, cun tempo de 1m 25s 52ms.
Parabéns campión!, un orgullo para Oroso e para o deporte local!


