O Xuventude de Oroso Sub-11 proclámase campión da Góis Cup
O equipo sub-11 do Xuventude de Oroso proclamouse vencedor da Góis Cup, un torneo celebrado no concello portugués de Góis, co que estamos irmandados.
O equipo formou parte dunha expedición deportiva que viaxou a Góis dende o xoves, compartindo días de convivencia, competición e aprendizaxe nun ambiente internacional que reforzou tanto os lazos de amizade como o espírito deportivo.
Unha vitoria que representa non só o talento deportivo dos nosos cativos, senón tamén os lazos de amizade que unen a Oroso e Góis a través do deporte e da convivencia.
Parabéns, campións!


