Curso gratuíto para maiores: “APPS para xestionar trámites en Internet”

Curso gratuito para maiores

O Concello de Oroso, a través da súa Aula de Formación e Informática (CeMIT), en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, organiza o curso “APPS para xestionar trámites en Internet”, unha acción formativa gratuíta e presencial dirixida a persoas maiores que desexen mellorar as súas competencias dixitais e gañar autonomía no uso das novas tecnoloxías.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso do Concello de favorecer a inclusión dixital e a igualdade de oportunidades, facilitando o acceso da poboación maior aos recursos e servizos dispoñibles en liña. O curso está pensado para achegar Internet e as ferramentas dixitais dun modo práctico, sinxelo e seguro, adaptándose ao ritmo de aprendizaxe de cada participante.

Contidos do curso

O programa estrutúrase en tres bloques temáticos fundamentais:

Iniciación a Internet

  • Introdución ao uso básico de dispositivos móbiles e ordenadores.
  • Navegación segura por Internet.
  • Creación e xestión de contas de correo electrónico.
Administración electrónica
  • Acceso e uso das sedes electrónicas de organismos públicos.
  • Solicitude de citas previas e tramitación de documentos en liña.
  • Uso do DNI electrónico e dos sistemas de identificación Cl@ve.
Banca dixital
  • Funcionamento das aplicacións bancarias móbiles e en liña.
  • Realización de transferencias e pagos con seguridade.
  • Recomendacións e medidas de prevención ante fraudes electrónicos.


O curso busca que as persoas maiores adquiran confianza e autonomía no uso das tecnoloxías, aprendendo a realizar xestións cotiás —como pedir citas médicas, consultar trámites administrativos ou operar coa banca electrónica— de forma segura, práctica e independente.
Non se requiren coñecementos previos, polo que todas as persoas interesadas poden participar.

Datas e inscrición

O curso terá lugar na Aula de informática do Concello de Oroso os días 15, 16, 17 e 18 de decembro de 2025 en horario de 10:00 a 13:00 horas.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición, que se deberá formalizar na propia aula sita na rúa do Deporte, 7 (Sigüeiro), a través do correo electrónico cemit.oroso@xunta.gal ou do teléfono 981 97 39 27.

Compartir: