O Local de Maiores acolle unha charla sobre seguridade financeira en internet para previr fraudes e estafas online
O Concello de Oroso organizou esta tarde no Local de
Maiores unha charla informativa centrada na seguridade financeira en Internet, unha
actividade orientada a ofrecer ferramentas prácticas á veciñanza para previr fraudes,
estafas e riscos asociados ás xestións bancarias online.
Durante a sesión abordáronse diferentes cuestións relacionadas coa seguridade
dixital, como a identificación de intentos de fraude, as boas prácticas á hora de operar
con banca electrónica ou as medidas básicas para protexer datos persoais e
financeiros na rede.
A actividade contou coa participación de María Iglesias Sande, de CaixaBank Ordes, e
Patricia Rodríguez Botana, de CaixaBank Oroso, ambas veciñas do municipio, que
compartiron a súa experiencia profesional e ofreceron recomendacións prácticas para
mellorar a seguridade nas operacións dixitais do día a día.
Desde o Concello de Oroso quixeron agradecer a colaboración das ponentes e tamén
a participación das persoas asistentes, destacando a importancia de promover
iniciativas informativas que axuden á cidadanía a utilizar as novas tecnoloxías con
maior confianza e seguridade.
Con este tipo de actividades, o Concello continúa impulsando accións de formación e
sensibilización dirixidas á veciñanza, especialmente no ámbito da seguridade dixital,
un aspecto cada vez máis relevante no contexto actual.



