O Concello de Oroso abre o prazo de selección de persoal ao abeiro do Programa PEL 2026

Programa PEL 2026

O Concello de Oroso informa da apertura do prazo para participar no proceso selectivo destinado á contratación de persoal temporal ao abeiro do Programa de Integración Laboral (PEL) 2026, promovido pola Deputación da Coruña co obxectivo de favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas e reforzar a prestación de servizos municipais.

A través desta convocatoria, o Concello contratará un total de catro persoas para diferentes postos de traballo vinculados ao mantemento e mellora dos servizos públicos municipais.

As prazas convocadas son as seguintes:

  • 1 oficial de primeira albanel
  • 1 peón albanel
  • 2 peóns de limpeza

O Programa PEL constitúe unha das principais liñas de colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos da provincia para impulsar o emprego local, facilitando a contratación de persoas en situación de desemprego e contribuíndo ao mesmo tempo á execución de actuacións de interese público nos municipios.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 16 de xuño, inclusive, a través do Rexistro Xeral do Concello de Oroso, tanto de forma presencial como polos medios habilitados na normativa administrativa vixente.

Os requisitos de participación, criterios de selección, documentación necesaria e demais condicións da convocatoria poden consultarse nas bases publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.

Bases da convocatoria:
Solicitude e Anexo II:

Desde o Concello de Oroso anímase ás persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases a participar neste proceso selectivo, que representa unha oportunidade para acceder ao mercado laboral e contribuír ao desenvolvemento e mantemento dos servizos municipais.

Esta convocatoria enmárcase no compromiso do Concello coa promoción do emprego e coa colaboración institucional para impulsar medidas que favorezan a creación de oportunidades laborais no municipio.

Compartir: