Alex Doval reúnese coa xerente da Área Sanitaria de Santiago
O alcalde, Alex Doval, mantivo unha reunión esta semana con Eloina Núñez, xerente da Área Sanitaria de Santiago, co fin de explorar vías de colaboración para a mellora dos servizos sanitarios do noso municipio.
Na xuntanza tamén asistiron a Dra. Coordinadora do Centro de Saúde e a concelleira de Servizos Sociais, Lidia López, entre outros.
O alcalde, Alex Doval, agradeceu á Xerente da Área Sanitaria de Santiago, Eloina Núñez que se continúe permitindo aos veciños e veciñas de Oroso acceder aos Puntos de Atención Continuada de Santiago e Ordes indistintamente según lles resulte máis convinte segundo á proximidade ao seu domicilio.
Non ten moito sentido, por exemplo, que un veciño de Marzoa que ten o PAC de Ordes a menos de dez minutos do seu domicilio, se lle impida usar este servizo e teña que ir ata o CHUS que lle leva preto de trinta minutos chegar, apuntou Doval.
Pola súa parte Núñez recalcou que cando se tomou esta medida ía orientada a mellorar a calidade de vida dos usuarios, ofrecéndolles a posibilidade de elixir o PAC que mellor se adapte ás súas necesidades.