O alcalde de Oroso, Alex Doval, xunto a Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, e membros da corporación municipal

Lectura de manifesto polo 8M

O Concello de Oroso realizou a lectura dun manifesto pola igualdade efectiva entre homes e mulleres onde participou de forma conxunta a corporación municipal en compañía da Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, que se atopaba no municipio realizando unha visita a unha escola infantil "Galiña Azul" en Sigüeiro.

...

ler máis
Minuto de silencio

Minuto de silencio polo asasinato machista acontecido en Oroso

Tras confirmarse que os feitos acontecidos hoxe en Sigüeiro trátanse dun caso de violencia machista.

Dende o Concello de Oroso convocamos a cidadanía a un minuto de silencio ás 12:00 horas de mañá sábado día 2 de decembro diante da casa do concello (Praza Isaac Díaz Pardo) en rexeitamento a este terrible suceso.


...

ler máis
25N

Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O Concello de Oroso programa diversas actividades no marco do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O venres 24 ás 12:30 horas, lerase no IES de Oroso un manifesto reinvidicativo pechado para a comunidade educativa do concello.

O propio sábado 25 de novembro, no Auditorio Municipal lerase un manifesto aberto ao público ás ...

ler máis
Isabel Fernández, concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística na presentación do acto

Homenaxe á veciña de Bouzalonga Dolores Nouche Costa

O salón de plenos do Concello de Oroso acolleu o pasado domingo unha homenaxe á veciña de Bouzalonga Dolores Nouche Costa, represaliada polo franquismo.

No transcurso do acto interviron a concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística, Isabel Fernández, que fixo un percorrido polo traballo realizado nos últimos anos a prol da recuperación da memo ...

ler máis
Programación actividades 25N

Día Internacional contra a violencia de xénero

Estas son as actividades que temos para o mes de novembro con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero.

"O 25 de novembro foi declarado polas Nacións Unidas como “Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres” para visibilizar e denunciar este tipo de violencia en todo o mundo, sensibilizar á sociedade e mostrar que é posible previr, para ...

ler máis