Localización: Auditorio Centro Cultural
Relato para un incendio
O xoves 9 de novembro terá lugar o espectáculo de teatro Relato para un incendio, da compañía A Antena en coprodución co Centro Dramático Galego e e a MIT de Ribadavia, no Auditorio Municipal.
Sinopse
Duas Actrices e un Actor trazan en escea o mapa de incendios provocados, a longo dos últimos anos, nos bosques e montes de Galicia. Na súa investigación, descobren dous sucesos que tiveron lugar na comarca coruñesa de Ordes, afastados no tempo, pero conectados entre eles polo lume e o ritual: os estudos etnográficos do antropólogo danés Gustav Henningsen na década dos 60 e a ruta incendiaria dunha gandeira no verán de 2016.
Realizaranse dous pases:
un pase ás 12:30h para o IES de Oroso e outro aberto ao público ás 20:30h no Auditorio Municipal.