Doe o Courel
Información:
  • 05-05-2023
  • 19:30 - 21:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Doe o Courel

Proxección do documental Doe o Courel, presentado polo seu director, Xacobe Meléndrez Fassbender.
A mediados do mes de xullo de 2022, despois dunha primavera moi seca, a Serra do Courel, unha das xoias botánicas e paisaxísticas de Galiza, sufriu un grande incendio alimentado pola inxente cantidade de combustíbel acumulado, as condicións meteorolóxicas e a orografía.
Máis de 13.000 hectáreas arrasadas polo lume, no que foi o maior incendio que se lembra.

Compartir: