Inscrición - Reserva
Localización: Sigüeiro
X Carreira Pedestre Concello de Oroso
O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición na décima edición da Carreira Pedestre “Concello de Oroso”, que terá lugar o domingo 26 de maio ás 10:00 horas cun percorrido de 10 km.
Data26 de maio ás 10:00 horas
Inscriciónwww
carreigasgalegas
com
Prazo Inscrición22 de maio ás 23:59 horas
Regulamentodescargar
Categorias
Proba | Categoría | Idade | Hora | Distancia |
---|---|---|---|---|
Absoluta | Sen-S23-S20-S18 | Nados/as 1989-2008 | 10:00 | 10.000 m. |
Absoluta | Máster 1 | Nados/as 1978-1988 | 10:00 | 10.000 m. |
Absoluta | Máster 2 | Nados/as 1968-1977 | 10:00 | 10.000 m. |
Absoluta | Máster 3 | Nados/as 1967 e anteriores | 10:00 | 10.000 m. |
Escolar | Sub-6 | Nados/as 2019 e posteriores | 11:20 | 300 m. |
Escolar | Sub-8 | Nados/as 2017-2018 | 11:30 | 300 m. |
Escolar | Sub-10 | Nados/as 2015-2016 | 11:40 | 1.000 m. |
Escolar | Sub-12 | Nados/as 2013-2014 | 11:50 | 1.000 m. |
Escolar | Sub-14 | Nados/as 2011-2012 | 12:00 | 2.000 m. |
Escolar | Sub-16 | Nados/as 2009-2010 | 12:10 | 3.000 m. |
Escolar | Sub-18 | Nados/as 2007-2008 | 12:10 | 3.000 m. |
Información xeral
As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello.Recollida de dorsais
Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o sábado 25 de maio de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para participantes locais). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Cívico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.Avisos e cortes no percorrido
O domingo 26, durante o trancurso da carreira, estará aberta a piscina municipal de 11:00 a 14:00 con uso gratuito para corredores e veciñanza.As rúas e zonas polas que transcorren as probas da carreira pedestre estarán cortadas ó tráfico. Podes consultar aquí cales son.