Aberto o prazo para inscribirse na Campaña de Neve 2024 da Deputación da Coruña

Campaña Neve 2024
Cartel Campaña Neve 2024 Deputación da Coruña

Destinado a nenos e nenas empadroados no concello, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2023.

Un ano máis a Deputación da Couruña abre o prazo de inscrición para a Campaña de Neve 2024, dirixida a nenos e nenas empadroados en Oroso, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2023 e na que terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

O campamento terá lugar na estación de Valgrande-Pajares (Asturias) e terá unha duración de venres a luns con saída o venres pola mañá, dos puntos de recollida, que se publicaránna páxina web da Deputación da Coruña e regreso o luns, despois do almorzo.

A cota de inscrición é de 85 € e será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2024", unha vez que lle sexa confirmada a praza.

O programa inclúe o transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Datasdo 9 ao 12 de febreiro 2024

Inscriciónata o 1 de decembro

Prazas7 prazas



Documentación

Para a formalización da inscrición, debes entregar a través do rexistro do concello presencialmente ou a través da sede electrónica:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
  2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  3. Fotocopia do carné de identidade do neno ou libro de familia.
  4. Copia do aboamento da cota de inscrición (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web)
  5. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo



Equipo necesario

  • Gorro
  • Guantes
  • Gafas de esquí e de sol.
  • Anorak térmico.
  • Pantalón impermeable ou similar.
  • Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
  • Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
  • Chuvasqueiro.
  • Mochila pequena.
  • Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
  • Pixama, roupa interior.
  • Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.



Aloxamento

O aloxamento será na propia Estación de Valgrande-Paxares, en Albergues a pé de pista, en réxime alimenticio de pensión completa, almorzo, comida e cea) dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous incluídos), polo que todos os gastos están cubertos.
Non é necesario que o neno/a leve cartos (agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos: refrescos, auga, etc.). De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.


Medicación e alerxias

Se a/o participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia que se teña que ter en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está cargado nesta web para poder entregarllo ao/á monitor/a na saída, xunto co medicamento.

A administración de medicamentos realizaraa o persoal sanitario. Se se presentan casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas, ... que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase ao/á pai/nai/titor/a legal para a súa autorización.


Seguro

Está incluído un seguro que dá cobertura a calquera eventualidade que poida producirse durante a viaxe organizada, e que cubre a todos os participantes nesta Campaña de Neve.

Inclúe asistencia médica ilimitada en centros concertados e cun tope de 3.000€ en centros alleos, traslado de enfermos e feridos, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e incapacidade.

En caso de accidente, o persoal sanitario a cargo encargarase de dar a primeira asistencia ao neno/a.

En caso de ser necesario, será trasladado a un centro médico. En todo momento o pai/nai/titor/a e a Deputación serán informados tanto do contratempo como da súa evolución. O neno/a estará sempre acompañado dun/dunha monitor/a.

A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe.


Documentación para descargar

Ficha de inscrición
Autorización para a administración de medicación e información sobre alexerxias


Resultado do sorteo

Listaxe participantes seleccionados e en agarda


Compartir: