A Aula CeMIT de Oroso acolle unha nova edición de "Tech Kids" para achegar a tecnoloxía á mocidade

A Aula CeMIT de Oroso volverá converterse este verán nun espazo de aprendizaxe e innovación coa celebración dunha nova edición de "Tech Kids: Argallando entre xeracións", un obradoiro tecnolóxico gratuíto dirixido á mocidade de entre 12 e 18 anos.

A actividade desenvolverase os días 27, 28 e 29 de xullo, en horario de 10:00 a 12:30 horas, e ofrecerá aos participantes unha o ...

ler máis
Curso IA aula CeMIT Oroso

O Concello de Oroso organiza un curso gratuíto de iniciación á Intelixencia Artificial na Aula CeMIT

O Concello de Oroso, en colaboración con byNomadLAB e a rede CeMIT, organiza un novo curso de formación presencial para achegar a Intelixencia Artificial (IA) á cidadanía dun xeito práctico, sinxelo e accesible.

Baixo o título "Intelixencia Artificial para o día a día", esta acción formativa está dirixida a todas aquelas persoas que queiran iniciarse no uso da IA xerativa e ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Cultura, María Requejo, acompañaron o alumnado da Escola de Música durante o concerto de fin de curso.

A Escola Municipal de Música José Verea pecha o curso cun emotivo concerto e abre o prazo de matrícula para o curso 2026/2027

O Auditorio Municipal de Oroso acolleu este mércores o tradicional concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música José Verea, unha cita moi especial na que o alumnado tivo a oportunidade de compartir co público todo o traballo realizado ao longo do ano académico.

Familias, amizades e veciñanza acompañaron aos estudantes nunha tarde chea de emoción, talento e ilusión, ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, a concelleira de Cultura, María Requejo, e o presidente de honra da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, durante a entrega de premios

O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés acolle a entrega de premios do certame “Escríbelle unha carta a John Adams”

O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro foi escenario da entrega de premios do certame escolar “Escríbelle unha carta a John Adams”, unha iniciativa promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés co obxectivo de achegar ao alumnado a historia, o patrimonio e os valores culturais vinculados a esta histórica ruta xacobea.

No acto participaron o alcalde de O ...

ler máis
CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

O Consello da Xunta renova o convenio para garantir o comedor escolar no CEIP do Camiño Inglés durante o curso 2026/2027

O Consello da Xunta aprobou a renovación do convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e o Concello de Oroso para a xestión do servizo de comedor escolar no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés durante o curso 2026/2027. A través deste acordo, garantirase a prestación dun servizo esencial para a comunidade educativa, que dará cobertura a un total de 130 alumnos e alumnas do ...

ler máis