Cursos Cisco 2024 na Aula Mentor Sigüeiro-Oroso

Cursos CISCO 2024

Desde Aula Mentor Sigüeiro-Oroso comunicamos que se abre o prazo de inscrición nos cursos CISCO para o ano 2024 ata esgotar prazas.   

A Certificación Académica CISCO en redes de computadores, na súa versión 7 consta de 3 módulos, tendo cada módulo unha duración de cinco meses. Á súa vez, os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante os cinco meses sinalados.

Módulos:

Módulo 1 CCNA v7

O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas.

Módulo 2 CCNA v7

Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e encamiñamento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións.

Módulo 3 CCNA v7

O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas.

CCNA CyberOps Associate

O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas etc. É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA.

Duración do curso: 5 meses.

Dev Net v1

Este curso está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar nos conceptos e a práctica de programación de redes. Recoméndase ter coñecementos previos de PCAP (Programming Essentials in Python), CCNA, CCNP ou CiberOps Associate presenta as metodoloxías e as ferramentas de desenvolvemento de software moderno, aplicadas ás operacións de “Tecnoloxías da Información” e a “rede”. O contido do mesmo cobre todas as necesidades relativas a xestión de microservicios, contedores e operacións de desenvolvemento, así como a automatización segura de infraestruturas con interfaces de programación de aplicacións (API).

Duración do curso: 5 meses.



Procedemento de matriculación

Os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración de 5 meses os cursos CCNAv7, CCNA CyberOps Associate e Dev Net v1, o que conleva un prezo pechado dos mesmos de 120€.

  • Pago único coa totalidade do prezo de cada curso:
    • CCNA: 120€ (5 meses)
    • CyberOps Associate: 120€ (5 meses)
    • Dev Net v1: 120€ (5 meses)

  • Pago fraccionado en 2: Pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e farase unha única recarga co resto do custo que conleva o curso CISCO correspondente.
    • CCNA v.7: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)
    • CyberOps Associate: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)
    • Dev Net v1: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)


PRAZO DE MATRICULACIÓN: (ata esgotar prazas)

  • Do 10 de xaneiro ao 5 de febreiro período de matriculación.
  • 1 de febreiro dos cursos.


Compartir: