O Centro de Saúde de Oroso incrementará o seu cadro de persoal cun traballador social e unha enfermeira

O alcalde, Alex Doval, e a concelleira de sanidade, Lidia López, na visita o Centro de Saúde de Oroso

Amais destas novas incorporacións, acaba de cubrirse a xubilación dunha enfermeira que foi substituída por unha especialista en enfermaría familiar e comunitaria

Nunhas semanas vaise xubilar unha matrona, que será substituída por unha profesional que ampliará horario de asistencia, tal e como estaba previsto

Estas incorporacións forman parte do compromiso con manter a calidade da Atención Primaria

O Centro de Saúde de Oroso acaba de incrementar o seu cadro de persoal coa incorporación dun traballador social e dunha enfermeira familiar e comunitaria, pasando de ter 5 a 6 enfermeiras no centro, na búsqueda do compromiso de ter un ratio 1:1 entre médicos e enfermeiros, así como ampliar a súa carteira de servicios públicos coa incorporación dun traballador social.

A maiores destas incorporacións, nas próximas semanas xubilarase unha matrona que será substituída por unha profesional que ampliará o horario triplicando a asistencia nesta área.

Por outra banda, a estas novas incorporación súmase a substitución dunha enfermeira tamén recentemente xubilada.

Con estes cambios pretendese ter en conta as solicitudes específicas de cada servizo e garantir un entorno óptimo para a asistencia sanitaria de calidade no Concello de Oroso.

Deste xeito, o cadro de persoal queda constituído por 5 médicos de familia, 2 pediatras, 6 enfermeiras, 3 profesionais de servizos xerais, 1 matrona, 1 farmaceútica e 1 traballadora social.

Este incremento de persoal permitirá afrontar o desenvolvemento do Plan Local de Saúde no centro, que proximamente incorporará nova aparataxe que permitirá incrementar a capacidade de resolución clínica, tales como un retinógrafo, un MESI (aparato multifunción que permite facer espirometrías, medición de constantes vitais ou electrocardiogramas) e ecógrafo, ademais da renovación de todas as padiolas, que pasan a ser hidraúlicas, o que incrementa a comodidade e seguridade tanto para o paciente como para o profesional.

Compartir: