Pleno do Concello de Oroso.

Oroso aproba os seus orzamentos cun claro enfoque no gasto social e na conciliación familiar.

O Concello de Oroso ven de aprobar o Orzamento Municipal para o ano 2024 este luns día 13, cun claro enfoque no gasto social e na conciliación familiar. Este orzamento, que ascende a un total de 8.7 millóns de euros, prioriza o benestar dos nosos maiores e nenos, destinando unha partida de 800.000 € para o Servizo de Axuda no Fogar e 120.000 € para o programa Concilia da Xunta de Galicia. ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Alex Doval, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a XXVI Festa da Troita

Oroso pecha unha fin da Semana da Troita coa visita da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, tivo o pracer de asistir á XXVI edición da Festa da Troita en Sigüeiro, onde se deu cita cunha multitude de veciños e visitantes para celebrar esta tradicional festa.

Un dos puntos destacados do evento foi o pregón a cargo dos alumnos de terceiro da ESO do IES de Oroso, quenes transmitiron a súa paixón pol ...

ler máis
Orzamentos Concello de Oroso 2024

Oroso aprobará os seus orzamentos o próximo luns

Oroso aprobará os seus orzamentos o próximo día 13 de maio, os primeiros do novo goberno local que saíu elixido nas pasadas eleccións.

O orzamento presenta récord na partida de ingresos principalmente por dúas cuestións: a consecución de varias subvencións e liñas de financiamento por parte de outras administracións públicas, especialmente a Xunta de Galicia, e con fin da ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Alex Doval, e a concelleira de cultura e ensino, María Requejo, co estudantado do IES de Oroso.

O Concello de Oroso anuncia que os estudantes do IES de Oroso darán o pregón da Festa da Troita

O Concello de Oroso comprace en anunciar que os estudantes do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Oroso foron seleccionado para dar o pregón da próxima Festa da Troita que será a XXVI edición. Tras un proceso de selección moi reñido, varios grupos de alumnos de terceiro da ESO demostraron a súa creatividade, paixón e compromiso, competindo pola oportunidade de dirixirse aos asisten ...

ler máis
Asfaltado da rede viaria no Concello de Oroso.

Melloras na rede viaria de Altiboa, Piñeirón e Avenida Castelao

O Concello de Oroso anuncia a licitación de importantes melloras na rede viaria en tres puntos do concello. Por unha banda, no Lugar de Altiboa cunha pavimentación nova, na Parroquia de Marzoa, na estrada que vai cara Carollo que está sen acabar, Lugar de Piñeirón (Parroquia da Gándara), cunha ampliación do pavimento aumentando o ancho da vía e na Avenida Castelao, tamén cunha mellora na ...

ler máis