O Concello de Oroso será escenario o vindeiro domingo 15 de marzo dunha nova parada da Liga FITE Galicia 2026, unha competición autonómica de taekwondo ITF (International Taekwon-Do Federation) que reúne ao longo da tempada a deportistas de diferentes clubs galegos.
A xornada celebrarase no Pavillón Juanito Amigo Ferreiro, que se converterá durante toda a mañá nun punto de enc ...
O deporte orosino volve estar de parabéns grazas ao resultado acadado por Marcos Barcala, veciño de Porto Avieira, que conseguiu a medalla de bronce na categoría Sub16 no Campionato Xunta de Galicia de Trail Preclassic, celebrado recentemente no concello de Ames.
O atleta, integrante do Club Atletismo Tambre, logrou subir ao terceiro chanzo do podio nunha competición autonómica q ...
O Concello de Oroso quere felicitar á nosa veciña Mencía Mosquera polo importante éxito deportivo acadado recentemente co seu equipo, o Marineda Hóckey, que vén de proclamarse campión da Copa S.A.R. A Princesa Feminina de hóckey a patíns.
Este título supón un novo fito para o club coruñés, que en moi pouco tempo de traxectoria está a destacar con forza no panorama do hó ...
O Concello de Oroso participou este sábado na I Carreira e Andaina Solidaria GatoCan Oroso, unha iniciativa deportiva e solidaria que reuniu a numerosos veciños e veciñas nunha xornada marcada pola participación, a convivencia e o compromiso co benestar animal.
A actividade, organizada pola Asociación GatoCan Oroso en colaboración co Concello, celebrouse no Polígono de Sigüeir ...
O Concello de Oroso quere felicitar á nosa veciña de Deixebre, Xiana Reboredo Dosil, que o pasado 22 de febreiro se proclamou subcampioa galega de salto de lonxitude no Campionato Galego Sub 16 en pista cuberta, celebrado en Ourense.
A atleta acadou un magnífico rexistro de 4,88 metros, un resultado que reflicte o seu talento, esforzo e constancia, e que a sitúa entre as promesas ...


















