Manuele Caamagno, organizador do Festival; Marcos Gómez, comisario do Xacobeo 2027, Álex Doval, alcalde de Oroso e María Requejo, concelleira de Cultura

Oroso presenta o cartel do Psicotroita 2026, que reunirá en Sigüeiro música galega e propostas internacionais

O festival celebrará a súa undécima edición os días 26 e 27 de setembro no Paseo do Carboeiro, cunha programación que combina rock, punk, garage, surf, psicodelia e outras propostas da música popular contemporánea

O Paseo do Carboeiro, en Sigüeiro, foi este mércores o escenario escollido para presentar oficialmente o Psicotroita 2026, unha nova edición dun festival que, ano ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Infancia, María Requejo, visitaron o Campamento Xuvenil de Pernocta 2026

Aventura, natureza e convivencia no Campamento Xuvenil de Pernocta de Oroso

O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Infancia, María Requejo, visitaron o Campamento Xuvenil de Pernocta 2026, unha das propostas incluídas na programación de actividades de verán do Concello de Oroso para a infancia e a mocidade. A visita permitiu coñecer de primeira man as actividades que están a realizar os participantes e compartir con eles unha parte desta experiencia. < ...

ler máis
Participantes no parque acuático de Cerceda onde poideron gozar das piscinas, tobogáns e diferentes espazos de lecer.

A Semana Cultural de Oroso arrinca cunha xornada de diversión no Aquapark e ofrecerá propostas para todos os públicos

A Semana Cultural de Oroso 2026 botou a andar hoxe coa excursión ao Aquapark de Cerceda, unha das actividades especialmente pensadas para que a rapazada poida desfrutar dunha xornada diferente durante o verán.

Desde primeira hora, as persoas participantes desprazáronse ata o parque acuático para gozar das piscinas, tobogáns e diferentes espazos de lecer, nunha xornada de diversià ...

ler máis
Representación da E.D. Xuventude Oroso que acadou un destacado terceiro posto na clasificación final do torneo

Oroso e Góis reforzan os seus lazos de irmandade a través do deporte e da mocidade

A relación de amizade e colaboración que une aos municipios de Oroso e Góis volveu vivir unha nova mostra de fortalecemento coa participación da Escola Deportiva Xuventude de Oroso nun torneo internacional celebrado na localidade portuguesa.

Durante varios días, os mozos e mozas da ED Xuventude de Oroso tiveron a oportunidade de compartir experiencias deportivas e persoais con eq ...

ler máis
Martes de Praia

Oroso continúa cos Martes de Praia para facilitar ás familias o desprazamento ao mar durante o verán

O Concello de Oroso volve poñer en marcha este verán os Martes de Praia, unha proposta pensada para facilitar á veciñanza o desprazamento á praia durante os meses de xullo e agosto e ofrecer unha alternativa de lecer familiar, convivencia e desfrute do tempo libre.

A iniciativa desenvolverase durante varias xornadas estivais, con saídas previstas para os días 7, 14, 21 e 28 d ...

ler máis