Acto de entrega no que estivo presente o alcalde de Oroso, Alex Doval, acompañado por membros da Asociación de Comerciantes e premiados

O comercio local de Sigüeiro reparte máis de 5.000 euros na campaña de Nadal

O Concello de Oroso acolleu hoxe o acto de entrega dos premios da campaña de Nadal impulsada pola Asociación de Comerciantes de Sigüeiro-Vende, unha iniciativa desenvolvida coa colaboración municipal que volveu poñer en valor a importancia de mercar no comercio de proximidade.

A campaña, posta en marcha durante as datas do Nadal, tivo como obxectivo dinamizar a actividade comerc ...

ler máis
A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña Belén do Campo, xunto co alcalde Alex Doval e a xerente do proxecto hostaleiro en Oroso

Oroso aposta polo emprendemento feminino co apoio da Xunta de Galicia

O Concello de Oroso recibiu hoxe a visita da delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña Belén do Campo que xunto co alcalde Alex Doval coñeceu de primeira man o proxecto hostaleiro Al Alba unha iniciativa emprendedora asentada no municipio e beneficiaria do programa autonómico Emega.

Durante a visita púxose en valor o papel destas axudas públicas como ferramenta clave pa ...

ler máis
Sigüeiro Vende

Comprar no comercio local de Sigüeiro terá premio este Nadal

Mercar no comercio local de Sigüeiro durante este Nadal terá recompensa grazas a unha nova campaña de dinamización comercial impulsada pola Asociación de Comerciantes de Sigüeiro-Vende, coa colaboración do Concello de Oroso.

A iniciativa permitirá repartir máis de 5.000 euros en premios, ademais dunha cesta de Nadal doada polo Concello, entre as persoas que realicen compras n ...

ler máis
Bono Activa Comercio

O Bono Activa Comercio está de volta para impulsar o consumo local en Oroso

O Concello de Oroso informa de que o programa Bono Activa Comercio volve estar dispoñible a partir de hoxe, ofrecendo descontos de ata 30 euros nas compras realizadas nos establecementos adheridos.

Esta iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia coa colaboración das entidades locais, busca fomentar o consumo nos comercios de proximidade e apoiar ao pequeno comercio, un dos motores ...

ler máis
Visita da deputada provincial Rosa Ana García xunto ó alcalde, Álex Doval, a varios comercios locais adheridos á campaña MercaNaVila

O Concello de Oroso recibe á deputada provincial Rosa Ana García para impulsar o comercio local da vila

O Concello de Oroso recibiu hoxe a visita da deputada provincial Rosa Ana García, quen acompañou ao alcalde Álex Doval nun percorrido por varios comercios locais adheridos á campaña MercaNaVila, promovida pola Deputación da Coruña para impulsar o comercio de proximidade e dinamizar a economía local. Durante a visita, ambos representantes destacaron a importancia deste tipo de iniciativas, ...

ler máis